13
Abril
PROXECCIÓN DE DOCUMENTAL E CHARLA DO CRONISTA OFICIAL CON MOTIVO DA CONMEMORACIÓN DA II REPÚBLICA
O Concello de Viveiro, tal e como se acordou no último pleno, organiza diversos actos con motivo do 85 aniversario da proclamación da II República.
O venres 15 de abril, ás 20:00 horas, na sala multiusos da casa do concello proxectarase o documental “O meu nome é Luis “Ferreiro””; así mesmo, o xoves 21 de abril, á mesma hora e no mesmo lugar, o Cronista Oficial de Viveiro, Carlos Nuevo Cal, impartirá unha charla sobre a proclamación da II República e o seu desenvolvemento en Viveiro.
O Concello organiza ambos actos en cumprimento do acordo adoptado na sesión plenaria do 6 de abril, logo da moción presentada polo grupo municipal de Son Viveiro. Tal e como se manifestou no propio debate da moción, o equipo de goberno entende que a II República é un feito histórico, o primeiro réxime democrático da nosa historia, que deu lugar á proclamación dunha Constitución claramente influinte na actual e que, polo tanto, forma parte da historia contemporánea.