PROXECTO DUNHA LIÑA ELÉCTRICA ÁEREA NO MUNICIPIO

PROXECTO DUNHA LIÑA ELÉCTRICA ÁEREA NO MUNICIPIO

O CONCELLO DE VIVEIRO RECIBE COMO DOAZÓN UN TRABALLO DE FIN DE GRAO SOBRE O PROXECTO DUNHA LIÑA ELÉCTRICA ÁEREA NO MUNICIPIO

Viveiro, 25 de agosto de 2021. O Concello de Viveiro quere agradecer publicamente a Mario Santa Cruz Hernando pola doazón dun exemplar do seu Traballo de Fin de Grado, titulado "Proyecto de una línea eléctrica aérea de 45 kV en Viveiro (Lugo)".

Mario Santa Cruz Hernando estudou o Grado en Enxeñería dos Recursos Enerxéticos, Combustibles e Explosivos, na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Minas e Enerxía, na Universidade Politécnica de Madrid.

Segundo o autor explica no propio resumo do proxecto, este consiste no trazado e cálculo dunha liña eléctrica aérea de 45 kV con capacidade para suministrar 15 MVA e dar servizo a unha empresa de elaboración de peixe e produtos de pesca. A liña discorrre dende a subestación de Magazos, propiedade de Viesgo, ata o Polígono Industrial de Landrove.

No proxecto descríbense todos os aspectos necesarios para a construción da liña, os cruzamentos, a relación dos apoios, os cálculos eléctricos da liña aérea, o cálculo mecánico dos condutores, os apoios, as cadeas illadoras e o cálculo das cimentacions. Inclúese tamén o estado económico co presuposto necesario para a realización do proxecto, un cronograma, un prego de condicións tipo para a súa execución e un documento con anexos.

Hoxe, María Loureiro, alcaldesa de Viveiro, recibiu a Mario na Casa do Concello, quen lle fixo entrega do exemplar que doa ao municipio.

Mario Santa Cruz Hernando ten vínculos familiares con Viveiro, a onde adoita vir dende pequeno. O exemplar doado será depositado na Biblioteca Pública Municipal de Viveiro.

 

Saúdos,

Comunicación Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar