PROXECTOS DIRIXIDOS A COLECTIVOS DESFAVORECIDOS

PROXECTOS DIRIXIDOS A COLECTIVOS DESFAVORECIDOS

A OFICINA DE VOLUNTARIADO DO CONCELLO DE VIVEIRO PIDE PERSOAS VOLUNTARIAS PARA VARIOS PROXECTOS DIRIXIDOS A COLECTIVOS DESFAVORECIDOS

“Os veciños e veciñas de Viveiro responden sempre moi ben a todas as iniciativas de voluntariado e solidarias”, sostén a alcaldesa, María Loureiro

Viveiro, 18 de xuño de 2024. A Oficina Municipal de Voluntariado do Centro de Servizos Sociais do Concello de Viveiro abre unha convocatoria de petición de persoas voluntarias para proxectos dirixidos a colectivos desfavorecidos.

Trátase en concreto do ‘Proxecto de apoio educativo, lecer e tempo libre’, o ‘Proxecto de acompañamento social’ e o ‘Proxecto de repartición de alimentos perecedoiros’.

“Agradecemos de antemán a colaboración, xa que os veciños e veciñas de Viveiro responden sempre moi ben a todas as iniciativas de voluntariado e solidarias”, sostén a alcaldesa, María Loureiro.

O primeiro proxecto consiste en dar apoio educativo e actividades de lecer e tempo libre durante os meses de xullo e agosto a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos. Valorarase a formación na área educativa e social.

“No segundo proxecto necesitamos persoas voluntarias para realizar actividades en acompañamento como saír á rúa para pasear, realizar xestións, ou acompañamento ao médico”, explica a concelleira de Benestar Social, Catalina Fernández.

No último proxecto, as persoas voluntarias colaborarán na recepción e distribución de alimentos perecedoiros entre as familias máis vulnerables.

As persoas interesadas en colaborar con estas iniciativas sociais teñen que chamar ao Centro de Servizos Sociais de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas aos teléfonos 982 550421 / 604 046956, ou enviar un correo electrónico á dirección mli.voluntariado@viveiro.es.

 

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar