PXOM

PXOM

O CONCELLO DE VIVEIRO TERÁ O PRÓXIMO VENRES UNHA REUNIÓN CO DIRECTOR DA AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS PARA IMPULSAR O PXOM

Viveiro, 4 de setembro de 2021. O Concello de Viveiro manterá o próximo venres unha importante reunión co director da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Francisco Menéndez, para impulsar o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

 

A reunión foi solicitada pola alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, que irá á mesma co equipo redactor do PXOM e, dada a transcendencia do asunto a tratar, convidou tamén aos portavoces dos grupos políticos municipais.

 

Viveiro necesita o PXOM, é unha ferramenta imprescindible e primordial para o desenvolvemento do concello en diferentes eidos, como o urbanístico e o industrial; é unha opinión consensuada entre todos os grupos da corporación e espero avances nesta reunión”, asegura a alcaldesa.

 

A AXI é a única administración da que o concello ten pendente o establecemento dunhas directrices para poder continuar coa tramitación do PXOM, tendo en conta que hai certa incertidume e falta dun criterio claro para poder seguir avanzando

 

O PXOM é determinante para o desenvolvemento do Concello de Viveiro, polo que non cesará no traballo e esforzos necesarios para poder aprobalo.


 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar