Reactivacion Econimia Local

REACTIVACION ECONIMIA LOCAL

O CONCELLO DE VIVEIRO APROBARÁ A PRÓXIMA SEMANA AS BASES REGULADORAS DAS AXUDAS PARA REACTIVAR A ECONOMÍA LOCAL

Viveiro, 2 de xullo de 2020. O Concello de Viveiro informa de que no día de hoxe entrou un vigor o Orzamento Xeral para o ano 2020, aprobado inicialmente polo pleno da Corporación en sesión ordinaria do 2 de xuño de 2020, tras estar exposto ao público por un prazo de 15 días hábiles  e quedar definitivamente aprobado ao non haber reclamacións contra o acordo de aprobación inicial.

 

Na Xunta de Goberno Local da vindeira semana, que se celebrará o mércores, aprobaranse as bases reguladoras de axudas para o impulso da actividade económica en Viveiro para paliar os efectos do COVID-19, e da liña de axudas para autónomos, microempresas, pequenas empresas, comunidades de bens, sociedades civís ou entidades económicas empresariais sen personalidade xurídica, obrigadas a suspender a actividade segundo RD 463/2020 coas modificacións introducidas polo RD 465/2020, de 17 de marzo e as ordes de desenvolvemento dos mesmos.

 

Estas axudas corresponden ao acordo asinado en data 4 de maio entre o goberno municipal e Por Viveiro para o plan de reactivación económica tras a crise sanitaria e económica derivada do COVID-19, por un importe total de 500.000 euros e un axuda a cada beneficiario de 850 €.

 

Tras a aprobación destas bases, procederase a súa publicación e demais trámites necesarios previos á apertura do prazo para a presentación de solicitudes, do que se informará e dará a difusión correspondente.

 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar