Reapertura Fuentes Publicas

REAPERTURA FUENTES PUBLICAS

O CONCELLO DE VIVEIRO REABRIU AS FONTES PÚBLICAS PARA A RECOLLIDA DE AUGA DESTINADA AO CONSUMO

Viveiro, 26 de maio de 2020. O Concello de Viveiro informa de que no día de onte procedeuse á apertura das fontes públicas, que poderán ser utilizadas única e exclusivamente para a recollida de auga destinada ao consumo.

 

O concello advirte de que continúa a prohibición de beber directamente das mesmas. En concreto, en virtude do establecido na Orde SND/414/2020, mantéñense pechadas todas as fontes públicas instaladas nos paseos marítimos, praias, parques ou outros espazos públicos destinadas a beber directamente das mesmas.

 

O concello procedeu ao precintado das fontes públicas a comezos de abril por motivos de seguridade e saúde pública, en virtude do establecido na nota informativa sobre abastecementos de auga de consumo público con motivo da alerta sanitaria por COVID-19, ditada en data 3 de abril de 2020, pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

 

No momento de proceder ao precintado, analizouse a calidade da auga dun total de 22 fontes, que deron aptas para o consumo humano. Hoxe tomaranse mostras destas e dalgunha fonte máis para repetir as analíticas, que o concello vén realizando de forma periódica.

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar