RECIPROCUM

RECIPROCUM

O CONCELLO DE VIVEIRO ACOLLE ESTE DOMINGO A PRESENTACIÓN DO CORTO “RECIPROCUM”

Viveiro, 28 de abril de 2023. A Sala Multiusos do Concello de Viveiro acolle este domingo, día 30, ás 18:00 horas, a presentación da Curtamentraxe “Reciprocum”.

Esta peza foi realizada dentro do Taller de Creación Audiovisual Igualdade e Violencia, organizado pola Concellería de Igualdade e o Centro de Información ás Mulleres do Concello de Viveiro, na aplicación dos Fondos do Pacto de Estado 2022.

O taller estaba dirixido a rapaces e rapazas e contou coa asistencia do Grupo de Participación Xuvenil do Concello de Viveiro, que foi o que elaborou a curtametraxe.

Grazas a este labor en torno á temática da Igualdade e da violencia de xénero, fomentamos o pensamento crítico e a creatividade artística entre as persoas máis novas”, subliña a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

Esta actividade permitiulles á xente nova iniciarse na creación cinematográfica a través do taller que consistíu no desenvolvemento dunha producción audiovisual, traballando nos procesos necesarios para a creación dunha película de pouco metraxe e culminando coa realización do curto ‘Reciprocum’”, detalla a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.

A parte técnica foi dirixada por Martín Vazquez, que conta cunha traxectoria recoñecida dentro do mundo audiovisual como director e productor. Os seus traballos sempre acadan un grande éxito de crítica e premios como foi o caso da curtametraxe "The White Monster", que gañou varios premios Mestre Mateo e dous galardóns no festival de Amity University na India.

Tamén a súa última obra, “Devoradora de nenos", acaba de recibir un novo galardón polos seus efectos especiais no Festival Daganzo Trascámara en Madrid, ao que optaban 550 obras.

A idea da curta creada por estes rapaces e rapazas foi de Emily Castañeda xunto ao integrantes do grupo que compoñen: Dairobis Felix, Eva Fernández, Sheila VARELA, Aby Titine, Sergio Febrero, Candel Rial, Johana Esquivel, Mauro Bellas, Leidy Diana Pillaca e Mariana Ibañez.

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar