RECOLLIDA SELECTIVA DE ROUPA USADA

RECOLLIDA SELECTIVA DE ROUPA USADA

O CONCELLO DE VIVEIRO ANUNCIA A POSTA EN MARCHA DUN SISTEMA DE RECOLLIDA SELECTIVA DE ROUPA USADA

Viveiro, 16 de setembro de 2022. O Concello de Viveiro informa da implantación do servizo de recollida selectiva de roupa usada e outros residuos téxtiles no municipio. 
 
Para o Concello de Viveiro, o fomento de actuacións que melloren a xestión do medio ambiente no municipio é un obxectivo primordial. Entre estas actuacións, inclúese a recollida de residuos susceptibles de valoración, cuxa xestión non diferenciada pode ser causa de prexuízo para o medio ambiente.
 
Con este novo servizo, o Concello de Viveiro busca avanzar dunha economía lineal a un modelo circular. Neste tipo de esquemas, redúcese o consumo de recursos naturais, aproveitando os residuos e permitindo o peche do ciclo de vida dos produtos e servizos. 
 
Ademais, esta medida adianta ao Concello de Viveiro na obrigatoriedade imposta pola Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular. Esta nova norma obrigará a que as entidades locais establezan a recollida separada de téxtil antes do  31 de decembro de 2024. Porén, o Concello de Viveiro contará xa con este sistema instalado. 
 
Os elementos depositados nos contedores pasaran por varios  procesos de clasificación. Así, separarase a roupa susceptible de ser reutilizada en mercados internacionais de segunda man con poder adquisitivo baixo, da que non se poda usar, que se destinará a materia prima para a produción de panos de limpeza. 
 
Finalmente, a roupa de mais baixa calidade que se destinará á recuperación da fibra para a obtención de fío para mantas ou ben para a produción de recheos.
 
Os 13 colectores localízanse en: 
-Senda de San Lorenzo 17
-Suasbarras 1
-C/Luis Cebreiro
-Avda.Ferrol 41
 -C/Villafranca del Bierzo/Avd. Ferrol
- Lodeiro 26
-Praza de Lugo
-Av. Cantarrana 11
-C/Benito Galcerán
-C/Santiago 
-C/Lugar O Cruceiro
-C/Verxeles -LU-540 (Abanca)
 -Punto Limpo
 
Para realizar este proxecto, o Concello de Viveiro adheriuse ao servizo de recollida de roupa usada posto en marcha pola Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense.
 
Saúdos, 
Comunicación Concello de Viveiro
  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar