RECOLLIDA SOLIDARIA DE XOGUETES

RECOLLIDA SOLIDARIA DE XOGUETES

O CONCELLO DE VIVEIRO INICIA HOXE A CAMPAÑA DE RECOLLIDA SOLIDARIA DE XOGUETES, MATERIAL ESCOLAR E LIBROS

Viveiro, 9 de decembro de 2022. O Concello de Viveiro pon en marcha dende hoxe, 9 de decembro, ata o venres día 23 a campaña de recollida solidaria de xoguetes, material escolar e libros infantís e xuvenís.

"A vila retoma neste Nadal unha tradición que busca axudar ás familias con menos recursos, co obxectivo de facer destas datas un momento de felicidade para os veciños e veciñas apelando á solidariedade e á xenerosidade de todos", afirma a alcaldesa, María Loureiro.

Os xoguetes, material escolar e libros doados deberán ser novos, entregaranse no seu envoltorio orixinal e sen empaquetar.

O punto de recollida será a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) situada no Concello de Viveiro en horario de 9:00 a 15:00 horas e o reparto será xestionado dende a Concellería de Servizos Sociais.

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar