16
Xaneiro
RECOÑECEMENTO Á OFICINA DE TURISMO DE VIVEIRO
A OFICINA DE TURISMO DE VIVEIRO RECIBE UN RECOÑECEMENTO DA SECRETARÍA DE ESTADO DE TURISMO POLA CALIDADE DO SERVIZO
Viveiro, 15 de xaneiro de 2023. O Concello de Viveiro foi hoxe protagonista da presentación da nova marca turística ‘A Mariña. Galicia de Corazón’, nun acto organizado pola Mancomunidade de Concellos da Mariña en Mondoñedo.
O concelleiro de Mar, Jesús Fernández, recolleu un diploma da Secretaría de Estado de Turismo para a Oficina de Turismo de Viveiro, unha das 29 empresas e servizos da Mariña integrados no SICTED (Sistema Integral de Calidade Turística).
“A distinción recoñece a calidade do servizo, o traballo feito durante moito tempo por Marisol Rey e a aposta da alcaldesa, María Loureiro, polo turismo e o sector servizos de Viveiro”, asegura Jesús Fernández.
A nova marca será presentada a próxima semana en Fitur, nun vídeo no que figura representado o turismo familiar da man da concelleira Lara Fernández Fernández-Noriega e a súa familia.
Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro