28
Agosto
REFUXIADOS AFGANOS
O CONCELLO DE VIVEIRO OFRECE A SÚA COLABORACIÓN PARA ACOLLER A REFUXIADOS AFGANOS
Viveiro, 26 de agosto de 2021. O Concello de Viveiro manifestou á FEGAMP a súa vontade de colaborar na acollida de refuxiados de Afganistán, tras a recente crise acontecida nese país.
O Concello de Viveiro non dispón de inmobles propios para a acollida, porén, o goberno local recalca a existencia do Albergue Xuvenil de Area, que pertence á Xunta de Galicia e que só se utiliza durante os meses de xullo e agosto. Deste modo, o goberno local, que dirixe María Loureiro, propón a posibilidade de solicitar á administración autonómica que se destine a ese fin, ofrecendo a colaboración municipal no caso de que fose necesario.
Este edificio xa fora proposto polo goberno local no seu momento para a acollida de refuxiados sirios, por considerar que se trata dun espazo axeitado no que se poderían acoller varias familias.
Saúdos,
Comunicación Concello de Viveiro