Regulamento Municipal

REGULAMENTO MUNICIPAL

A ALCALDESA DE VIVEIRO CONCRETA COS GRUPOS MUNICIPAIS OS PUNTOS PRINCIPAIS DO REGULAMENTO ORGÁNICO MUNICIPAL E A ORDENANZA REGULADORA PARA A SACA DE MADEIRA

Viveiro, 22 de febreiro de 2021. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, mantivo hoxe dúas reunións de traballo cos voceiros dos grupos municipais para a elaboración do Regulamento Orgánico Municipal e a Ordenanza reguladora do uso común especial dos viais municipais para a saca da madeira, sendo estas unhas das varias xuntanzas de traballo que se veñen realizando co fin de consensuar as ordenanzas municipais.

 

Coa aprobación do Regulamento Orgánico Municipal preténdese regular o funcionamento das sesión plenarias, así como o funcionamento do resto dos órganos colexiados, regulando, asemade, a participación veciñal nos plenos municipais.

 

No caso da Ordenanza para a saca da madeira, a súa finalidade é poder regular o uso común especial dos viais municipais para este fin, compatibilizando a actividade forestal coa conservacións dos viais de titularidade municipal e establecendo o procedemento a seguir para tramitar e obter as autorizacións necesarias para a realización desta actividade.

 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar