REHABILITAR O PASEO MARÍTIMO

REHABILITAR O PASEO MARÍTIMO

O CONCELLO DE VIVEIRO ADXUDICA AS OBRAS PARA REHABILITAR O PASEO MARÍTIMO

Viveiro, 10 de novembro de 2021. O Concello de Viveiro informa que hoxe tivo lugar a mesa de contratación para a apertura de ofertas presentadas no expediente para a licitación das obras que solucionarán os problemas estruturais da fachada do paseo marítimo, entre o templete da música e o Conservatorio de Música.
 
Neste procedemento presentáronse dúas empresas, resultando proposta como adxudicataria a empresa Sergonsa Servicios S.L.
 
O importe do proxecto, denominado "Proyecto de Análisis de los problemas estructurales de la fachada marítima de Viveiro y estudio de la solución", ascende a 115.611 euros e o seu prazo de execución é de 4 meses.
 
As deficiencias estruturais existentes ao longo da fachada marítima consisten basicamente no basculamento cara ó mar da parte alta do muro de sostemento da fachada marítima, unido a un asentamento do borde exterior da lousa do paseo marítimo. Estas deficiencias orixinaron unha serie de irregularidades na pavimentación, que motivaron o balado da zona co fin de impedir o acceso aos viandantes.
 
Neste proxecto defínense as obras necesarias para reparar 90 metros da fachada marítima de Viveiro e dotar ao mesmo da protección necesaria para a súa utilización de forma segura por parte da poboación.
 
Entre as actuacións previstas inclúense a consolidación do terreo, a execución da lousa e o reforzo da balaustrada.
 
Para a execución destas obras, o Concello de Viveiro e a Deputación Provincial de Lugo asinaron un convenio de colaboración, mediante o cal a institución provincial achega un investimento de 100.000 euros para acometer estas actuacións.
 
Saúdos, 
Comunicación Concello de Viveiro
Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar