REMATE DO CLUB DE LECTURA EN FEMININO

REMATE DO CLUB DE LECTURA EN FEMININO

O CONCELLO DE VIVEIRO REMATA CON ÉXITO A SEGUNDA EDICIÓN DO CLUB DE LECTURA EN FEMININO

Viveiro, 26 de xuño de 2024. O Concello de Viveiro pechou con éxito a segunda edición do club de lectura en feminino, unha iniciativa posta en marcha pola concellería de Cultura e Muller co apoio do Centro de Información á Muller (CIM).

O obxectivo deste proxecto, con reunións mensuais presenciais e en liña, é o fomento da cultura e da literatura cunha visión de igualdade de xénero, dándolle visibilidade e poñendo en valor ás escritoras mulleres.

"Convidamos a todas as persoas interesadas a participar neste clube, de balde e para poñer en valor o traballo das mulleres escritoras, moitas delas galegas”, asegura a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, que xa traballa na terceira edición, que comezará en outubro.

“O obxectivo é ler e compartir, aprendendo e compartindo lecturas”, engade Fernández Fernández-Noriega, que agradece a participación nos últimos meses de escritoras como Ledicia Costas.

 

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar