RENOVACIÓN DE VARIOS VIAIS EN GRANXAS

RENOVACIÓN DE VARIOS VIAIS EN GRANXAS

O CONCELLO DE VIVEIRO INVESTIRÁ 165.000 EUROS NA RENOVACIÓN DE VARIOS VIAIS EN GRANXAS, NA PARROQUIA DE COVAS

Xoves, 22 de xuño de 2023. O Concello de Viveiro informa da execución, a través do Plan Único 2023 da Deputación de Lugo, dunhas obras para renovar varios viais de Granxas, na parroquia de Covas.

En concreto, vaise actuar sobre catro viais de titularidade municipal en Granxas, próximos á praia de Covas, para realizar labores de mellora da pavimentación na zona destinada ao tráfico rodado.

Tamén se procederá á reposición dos servizos urbanos de rede de saneamento, coa implementación de pluviais e a dotación dunha nova rede de abastecemento de auga. O orzamento ascende a 164.392,96 euros.

A tramitación xa se atopa en proceso de licitación, o prazo para a presentacion de ofertas finalizou o 15 de xuño e está pendente a convocatoria da mesa de contratación para a apertura de ofertas.

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar