RENOVACIÓN DO ALUMEADO PÚBLICO EN ATALAIA, CELEIRO

RENOVACIÓN DO ALUMEADO PÚBLICO EN ATALAIA, CELEIRO

O CONCELLO DE VIVEIRO INFORMA DO COMEZO DAS OBRAS PARA RENOVAR CON TECNOLOXÍA LED O ALUMEADO PÚBLICO EN ATALAIA, CELEIRO

Viveiro, 22 de setembro.

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, informa do comezo das obras para renovar o alumeado público en Atalaia, Celeiro.

As novas luminarias serán de tecnoloxía LED e a actuación contempla a renovación das farolas e das caixas de mando. O investimento será duns 100.000 euros, financiado integramente polo Fondo de Compensación Ambiental 2023.

“Coa nova rede, a zona terá unha mellor visibilidade e eficiencia enerxética, reducindo ademais a contaminación lumínica”, asegura a alcaldesa de Viveiro.

Miriam Bermúdez, tenente de alcaldesa e responsable de Obras, destaca pola súa parte que “esta actuación na rede de alumeado público servirá para mellorar a seguridade viaria dos vehículos e o tránsito de persoas”.

A renovación da rede en Atalaia inclúe o acceso desde Casanova; a rúa Illa Coelleira; a rúa Illa Sar e o parque público; a ría Illa Anchonoa; a rúa Illa Gaveira; e a praza da Atalaia.

“Impulsaremos durante todo o mandato municipal un plan de mellora continua dos servizos e infraestruturas públicas, tanto no casco urbano como nas parroquias”, engade Loureiro.

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar