RESIDENCIA DE ASPANANE

RESIDENCIA DE ASPANANE

O CONCELLO DE VIVEIRO OFRECE UN TERREO MUNICIPAL PARA CONSTRUÍR A RESIDENCIA DE ASPANANE

Viveiro, 25 de febreiro de 2022. A Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, mantivo hoxe unha reunión coa directiva e xerencia de Aspanane (Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Viveiro) para informalas do traballo e xestións realizadas para a construción dunha residencia.


 


 


 

Levamos tempo realizando xestións para conseguir a cesión do antigo colexio de Celeiro, co obxectivo de reubicar nesa edificación a Escola Oficial de Idiomas, que actualmente se atopa na parte superior do Centro de Día de Aspanane, para crear a residencia nesa segunda planta”, sinala a rexedora.


 


 


 

Porén, o traslado da Escola Oficial de Idiomas está retrasándose e demorándose máis do previsto, porque dende a Tesourería Xeral do Estado non se atopa unha alternativa para a cesión dese edificio. Deste modo, o Concello de Viveiro, en contacto con Aspanane, está traballando na búsqueda doutras posibles opcións.


 


 


 

Atopamos unha segunda alternativa, que pasaría por construír a residencia nunha parcela de titularidade municipal, na que urbanisticamente é posible”, anuncia a rexedora.


 


 


 

Polo momento, dende o goberno municipal non se quere facer público o lugar no que se atopa esta parcela referida. Deste modo, como habitualmente procede o goberno local, quérese primeiramente informar aos voceiros municipais.


 


 


 

O Concello de Viveiro nunca deixou de traballar para conseguir que se puidera construír a residencia que proxecta Aspanane, entidade coa que o goberno local colabora dende sempre e á que recoñece o importante labor que desempeñan.


 


 


 

Aínda que a cesión do antigo colexio de Celeiro se está demorando, o goberno municipal seguirá traballando para que ese inmoble sexa cedido ao Concello de Viveiro, entendendo que se trata dunha edificiación emblemática, que debe ser arranxada e humanizar esa zona.


 

Polo feito de atopar un terreo municipal amplo para a construción da residencia non imos cesar no empeño de lograr a cesión do antigo colexio de Celeiro, un centro no que estudaron os nenos e nenas de moitas xeracións”, engade a alcaldesa. O Concello de Viveiro considera que ese inmoble debe ser arranxado e dignificado, un obxectivo no que se está traballando.


 


 


 

Por outra banda, cómpre facer referencia a outro proxecto importante que o goberno municipal logrou para Aspanane. Cómpre sinalar que o Concello de Viveiro e a Deputación de Lugo asinarán un convenio, por importe de 50.000 euros, para que o concello poida levar a cabo unha serie de actuacións nas dúas naves ubicadas en Lavandeiras e cedidas a Aspanane, nas que teñen os talleres de traballo. Deste xeito e grazas ao compromiso da Deputación Provincial de Lugo, o Concello de Viveiro realizará nesas naves as obras necesarias para eliminar os problemas de filtracións existentes.


 


 

Saúdos,

Comunicación Concello de Viveiro

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar