RESOLUCIÓN DO CONTRATO DO MATADOIRO

RESOLUCIÓN DO CONTRATO DO MATADOIRO

O CONCELLO DE VIVEIRO INICIA A RESOLUCIÓN DO CONTRATO DO MATADOIRO POLO CONCURSO DE ACREEDORES DA EMPRESA CONCESIONARIA

--O concello adxudicará o servizo a unha nova empresa 

 

 

Viveiro, 4 de maio de 2021. O Concello de Viveiro informa que no pleno do día de hoxe incluirase de maneira urxente un punto referente ao inicio do expediente de resolución do contrato de explotación do matadoiro municipal. 

 

O Concello de Viveiro viuse na obriga de incluir este punto dado que a empresa contratista se atopa en concurso de acreedores, constando a apertura da fase de liquidación. Este feito por parte da empresa supón a incursión nunha causa imperativa de resolución contractual.

 

Dende o Concello de Viveiro explícase que a urxencia en incluír este punto no pleno do día de hoxe vén motivada polo coñecemento da situación concursal da empresa o pasado 30 de abril.

 

O devandito contrato fora asinado o 30 de setembro de 2014 coa empresa Explotaciones Viveiro S.L. e tiña unha duración de 25 anos.

 

O concello iniciará despois de resolver o contrato a tramitación dun novo concurso para adxudicar o servizo.

 

 

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar