31
Agosto
RESTAURACIÓN DOS RETABLOS DAS PORTAS DA VILA E DE CARLOS V
O CONCELLO DE VIVEIRO INFORMA DOS TRABALLOS DE RESTAURACIÓN DOS RETABLOS DAS PORTAS DA VILA E DE CARLOS V
Viveiro, 29 de agosto de 2022. O Concello de Viveiro informa que, no día de hoxe, os operarios municipais procederon á retirada das imaxes dos retablos da Porta de Carlos V e da Porta da Vila para a súa restauración.
Trátase, en concreto, das imaxes de San Roque, situada no retablo da Porta de Carlos V, e das imaxes de Cristo Crucificado, da Virxe María e de San Xoán, do retablo existente na Porta da Vila.
Ademais das restauracións das imaxes referidas, realizaranse traballos de limpeza e restauración en ambos retablos.
O Concello de Viveiro conta coa pertinente autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural para a realización destes labores, que serán realizados por persoal especializado.
Saúdos,
Comunicación Concello de Viveiro