Resultado Análisis del Agua de las Playas

RESULTADO ANáLISIS DEL AGUA DE LAS PLAYAS

Dª MARIA LOUREIRO GARCÍA, ALCALDESA DO CONCELLO DE VIVEIRO (LUGO), INFORMA QUE

 

O Concello de Viveiro vén de recibir a clasificación sanitaria final das zonas de baño correspondentes á temporada 2016; neste documento, remitido pola Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, consta que a clasificación sanitaria de todos os puntos de mostraxe das zonas de baño deste municipio é EXCELENTE. É preciso destacar a importancia destes resultados tendo en conta que non se obtiña a máxima clasificación para todos os puntos de mostraxe dende 2010, xa que tanto Sacido como a  marxe esquerda da praia de Covas viñan recibindo nestes anos a clasificación sanitaria de BOA.

 

Esta clasificación faise en base aos resultados das analíticas das últimas catro temporadas de baño e será a clasificación vixente durante a temporada 2017.

 

Dendo o Concello de Viveiro considérase que esta é unha excelente noticia e unha garantía para os miles e miles de veciños e visitantes que, cada ano, disfrutan da calidade dos nosos areais.

 

Viveiro, na data que figura á marxe.

A alcaldesa

María Loureiro García

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar