RESURRECTIÓN FEST 2021

RESURRECTIÓN FEST 2021

O CONCELLO DE VIVEIRO ANUNCIA DE FORMA OFICIAL O APRAZAMENTO DO RESURRECTIÓN FEST 2021 POLA COVID-19 E CONFÍA EN QUE O FESTIVAL RECUPERE A NORMALIDADE O PRÓXIMO ANO

Viveiro, 16 de abril de 2021. O Concello de Viveiro, despois de varias conversas coa organización, anuncia oficialmente o aprazamento do Resurrection Fest, que non poderá celebrarse neste 2021 tendo en conta a actual situación epidemiolóxica derivada da Covid-19.
 
“É unha decisión complicada e difícil, tomada despois dunha análise pormenorizada como o ano pasado e tendo en conta numerosas cuestións, pero para o concello o primeiro é a saúde da veciñanza e superar o antes posible esta pandemia”, explica a alcaldesa, María Loureiro.
 
Tras dous anos sen poder disfrutar deste gran festival, a organización vén de anunciar as datas para o vindeiro ano. O concello espera que a situación mellore nos próximos meses e que en 2022, do 29 de xuño ao 2 de xullo, poida celebrarse como máis éxito que nunca a 15ª edición do Resurrection Fest.
 
O Concello de Viveiro quere facer fincapé, unha vez máis, na importancia do Resurrection Fest na economía de Viveiro e da comarca, “polo que somos conscientes de que este aprazamento suporá un novo prexuízo para a hostalería local, un sector especialmente afectado como consecuencia das limitacións e restricións impostas para paliar a pandemia”.
 
O Concello de Viveiro apoia desde a súa fundación este festival de música e traballará desde hoxe mesmo para poder celebrar a edición de 2022 nas mellores condicións.
 
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro
 
Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar