RESURRECTION FEST

RESURRECTION FEST

O CONCELLO DE VIVEIRO HABILITA DURANTE O RESURRECTION FEST UNHA ZONA DE APARCADOIRO EN LAVANDEIRAS PARA OS VECIÑOS DE CELEIRO

Viveiro, 27 de xuño de 2023. O Concello de Viveiro habilitará durante a celebración do Resurrection Fest un espazo de aparcadoiro para os veciños de Celeiro na zona de Lavandeiras.

En concreto, o espazo está ubicado entre a Escola de Idiomas e a conserveira. O estacionamento estará reservado únicamente para os veciños de Celeiro.

O concello agradece a colaboración dos veciños durante o festival, que supón un impacto económico moi importante para Viveiro.

O Resurrection Fest comeza mañá, mércores 28, e rematará o sábado 1 de xullo.

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar