RETABLO DA PORTA DA VILA

RETABLO DA PORTA DA VILA

O CONCELLO DE VIVEIRO INFORMA DO REMATE DAS LABORES DE RESTAURACIÓN DO RETABLO DA PORTA DA VILA

Viveiro, 14 de Novembro de 2022. O Concello de Viveiro comunica que no día de hoxe déronse por rematadas as labores de restauración do retablo da Porta da Vila. Tamén se reformaron as imaxes de San Xoán, da Virxe María e do Cristo do Amparo, así coma a hornacina que os alberga.

O retablo orixinal data de 1930 e foi construído polo compostelano afincado en Viveiro José Otero Corrita.

O proceso comezou hai un mes e medio a cargo dos expertos Ana Sánchez Calzada e Luís Enrique Rodríguez Arias. As reformas do retablo incluíron unha limpeza exhaustiva, seguida por un saneado das madeiras en mal estado e a reparación de desperfectos.

A hornacina foi pulida de óxidos e reparada nas zonas máis deterioradas. Fíxose o mesmo cos dous candelabros e os farolillos. As imaxes recibiron unha nova capa de pintura respectuosa coa capa orixinal subxacente. Reparáronse tamén os desperfectos das figuras, especialmente no caso do Cristo do Amparo.

O balance das reformas é moi positivo. Dende o Concello de Viveiro agradécese o traballo dos especialistas e as labores de reforma centraranse agora na Porta de Carlos V.

“A partir de maña instalarase de novo o andamiaxe, neste caso na Porta de Carlos V, para proceder á restauración e saneamento, tanto da figura de San Roque, como do retablo en si”, asegura Jesús Fernández, tenente de alcalde do Concello de Viveiro.

Saúdos, comunicación do Concello de Viveiro

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar