08
Xuño
REUNIÓN DE SEGURIDADE PARA O RESURRECTION FEST
A Alcaldesa convoca unha reunión para establecer as medidas de seguridade necesarias de cara á celebración do Resurrection Fest
Nesta reunión, que tivo lugar o 8 de xuño, estiveron presentes membros da Policía Local, de Protección civil, da Policía Nacional, da Garda Civil, do Parque de Bombeiros e da Axencia Galega de Emerxencias, ademais do subdirector do festival e da propia alcaldesa.