Reunion Unai Sordo

REUNION UNAI SORDO

A ALCALDESA DE VIVEIRO MANTERÁ ESTA TARDE UNHA REUNIÓN DE TRABALLO CO SECRETARIO XERAL DE CCOO, UNAI SORDO, PARA FALAR DO FUTURO DE ALCOA

Viveiro, 25 de setembro de 2020. A alcaldesa de Viveiro, Maria Loureiro García, reunirase esta tarde ás 19:30 horas no concello con Unai Sordo, secretario xeral de CCOO, e con Agustín Martín, secretario xeral de CCOO Industria, con motivo da súa asistencia á asemblea que hoxe celebrarán en Viveiro.

Nesa xuntanza, á que tamén asistirá unha delegación de CCOO, falarase de cuestións diversas en relación coa situación laboral e industrial e, sobre todo, do tema actual, que é Alcoa.

A Alcaldía de Viveiro invitou a todos os voceiros dos grupos da corporación a asistir a esta reunión.

 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar