Rua Arribada

RUA ARRIBADA

O CONCELLO DE VIVEIRO INFORMA DO REMATE DAS OBRAS DE REFORMA E RENOVACIÓN DE TODOS OS SERVIZOS DA DÚA ARRIBADA, EN CELEIRO

Viveiro, 4 de decembro de 2020. O Concello de Viveiro informa aos veciños e veciñas de Viveiro da finalización das obras que o concello vén de executar na rúa Arribada, en Celeiro.

 

As actuacións realizadas consistiron no aumento da sección dos tubos que forman a rede de evacuación de augas residuais; dotación neste tramo do vial dunha rede separativa de pluviais; aumento da sección da rede de suministro de auga potable, para así garantir o bo servicio da instalación; soterramento da instalación de alumeado público e demolición do pavimento actual de formigón, para colocar losetas de granito gris abullardado, seguindo o mesmo criterio que se está utilizando para o resto do núcleo de Celeiro.

 

A rúa Arribada é o principal acceso de comunicación á Rúa Grande, presenta un trazado sinuoso e a tipoloxía das edificacions que a flanquean confírenlle unha singularidade especial, mantendo a día de hoxe a tipoloxía propia dun asentamento tradicional mariñeiro.

 

Con esta obra, subvencionada polo Fondo de Compensación Ambiental 2020, procedeuse á reposición da pavimentación da Rúa Arribada en toda a súa lonxitude, así como á mellora de todos os servizos urbanos e a restructuración integral do mesmo, co obxectivo de garantir a funcionalidade e mellorar a calidade visual e urbana do contorno.

 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar