05
Setembro
RUADA DE CONTOS 2024
A RUADA DE CONTOS DO CONCELLO DE VIVEIRO CONTINÚA A PARTIR DE HOXE NO ATRIO DE SANTA MARÍA
Viveiro, 5 de setembro de 2024. O Concello de Viveiro continúa coa programación da súa Ruada de Contos 2024, con dous novos contos esta semana no Atrio de Santa María.
O primeiro será "Fazulas e o ladrón de paraugas", a cargo de Bandullo Azul, no día de hoxe, xoves 5 de setembro. O seguinte será "As nosas letras" do Mago Teto, mañá venres 6 de setembro.
En ambos casos, os contos comezarán ás 19:00. En caso de choiva, a actividade trasladarase do Atrio de Santa María á sala multiusos do Concello de Viveiro.
A Ruada de Contos é una iniciativa xa consolidada no verán para a cativada viveirense, e esta nova edición tivo comezo no pasado mes de agosto.
A concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, sinala que esta iniciativa pretende "converter o atrio de Santa María no escenario de fermosos contos que farán voar a imaxinación das nenas e nenos".
Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro