RUADA DE CONTOS

RUADA DE CONTOS

O CONCELLO DE VIVEIRO ACOLLE ESTE VERÁN UNHA NOVA EDICIÓN DA RUADA DE CONTOS

Viveiro, 11 de xullo de 2023. O Concello de Viveiro organiza unha nova edición da Ruada de Contos, un evento xa consolidado no verán para a cativada viveirense. 
 
Con esta iniciativa, o Concello busca, en palabras da concelleira Lara Fernández Fernández-Noriega, "poñer en valor un sitio tan emblemático e tan bonito como é o parque Pernas Peón", onde terán lugar os contacontos. En caso de choiva, serán na Sala Multiusos do Concello.
 
A Ruada de Contos desenvolverase ao longo de tres xornadas, sempre no parque Pernas Peón. A primeira será o xoves 20 de xullo ás 19:30, na que Inventi Teatro representará 'As palabras perdidas'.
 
A segunda xornada será á semana seguinte, o xoves 27 de xullo, tamén ás 19:30. Será a quenda de 'RillaRilla', a cargo de Xarope Tulú. Finalmente, a Ruada de Contos rematará o xoves 10 de agosto ás 19:30 con 'As Minas do rei Salomón', de Ghazafelhos.
 
"Esperamos que a edición deste ano sexa do agrado da cativada de Viveiro", indica Fernández Fernández-Noriega.
 
Saúdos,
Comunicación Concello de Viveiro
Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar