RUADA DE CONTOS

RUADA DE CONTOS

VIVEIRO ACOLLE O PROGRAMA CULTURAL “RUADA DE CONTOS” PARA O PÚBLICO FAMILIAR E ENFOCADO AO FOMENTO DA LINGUA GALEGA

Viveiro, 30 de setembro de 2021. O Concello de Viveiro presenta unha nova iniciativa cultural durante o mes de outubro. “Ruada de contos” é un conxunto de espectáculos dirixidos á infancia, á mocidade e ao público familiar, cos que o goberno local busca fomentar o emprego da lingua galega.


 

Este programa realízase grazas ao cofinanciamento da Xunta de Galicia e do Concello de Viveiro, co obxectivo de fomentar o emprego da lingua galega en todos os ámbitos. O goberno local, dirixido por María Loureiro, busca con este programa que a mocidade deixe atrás vellos prexuízos e inercias negativas sobre a lingua galega; así como fomentar a creatividade e o ocio no idioma galego garantindo unha ampla oferta cultural en galego.


 

A programación comezará o próximo xoves 7 de outubro ás 18:00, con “Vacacións no Mar de Tom Arena”. Ese mesmo venres 8, ás 18:00, será a quenda de “Soñando inventei de María Faltri e Jorge Juncal”. O sábado 9 de outubro ás 12:00 representarase “Historias para derreter cera de Alba Grande”. Por último, a programación pecharase o domingo 10 de outubro ás 12:00 con “A Carreira de Charo Pita”.


 

Todos os espectáculos realizaranse na Sala Multiusos do Concello de Viveiro e as prazas son limitadas. Cómpre realizar a reserva no teléfono 982560162, de 10:00 a 12:00, cunha reserva máxima de 2 entradas por persoa. Durante todos os espectáculos cumpriranse cos protocolos COVID-19 pertinentes.


 


 

O fomento da lingua galega, sobre todo dende a infancia, é unha das nosas prioridades de goberno. No Concello, realizamos un importante esforzo para que case toda a nosa programación estea en lingua galega, para que o noso idioma ocupe o lugar que merece”, subliña Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura de Viveiro.


Saúdos,

Comunicación Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar