13
Xaneiro
RUTAS DE SENDEIRISMO
O CONCELLO DE VIVEIRO DA OUTRO PASO NO SEU PLAN DE MANTEMENTO E CONSERVACIÓN DAS RUTAS DE SENDEIRISMO, INSTALANDO NOVOS CARTEIS INFORMATIVOS NA QUE UNE O MUNICIPIO CO PENEDO DO GALO
Viveiro, 12 de xaneiro de 2022. O Concello de Viveiro ten entre as súas prioridades de goberno a posta en valor do seu atractivo natural e paisaxístico para o seu disfrute por parte de veciños e visitantes.
Dentro dese obxectivo xeral, ten un plan de mantemento e conservación continua das rutas de sendeirismo, unha das mellores formas de coñecer o concello e practicaR hábitos de vida saudables.
Nas últimas semanas, o concello procedeu á renovación dos carteis informátivos da ruta que une Viveiro co Penedo do Galo, unha das máis transitadas polo seu alto valor paisaxístico.
“Temos unha contorna natural privilexiada que debemos coidar entre todos, no caso do concello con actuacións para que as rutas estén nas mellores condicións”, asegura María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro