Sanciones lecer nocturno

SANCIONES LECER NOCTURNO

A POLICÍA LOCAL LEVANTOU 14 ACTAS DE PROPOSTA DE SANCIÓN DURANTE O DISPOSITIVO DO PASADO FIN DE SEMANA PARA VIXIAR AS ZONAS DE LECER NOCTURNO

Viveiro, 25 de agosto. A Policía Local de Viveiro, durante a fin de semana do 21 ao 24 de agosto de 2020, incrementou a vixilancia en zonas de lecer nocturno, coa finalidade de tratar que se cumprisen as medidas impostas pola Xunta de Galicia con respecto ao COVID-19.

 

Como resultado do operativo levantáronse un total de 14 actas de proposta de sanción. Delas, 5 foron por non facer uso da máscara nos casos obrigatorios, 2 por fumar en espazos públicos sen gardar a distancia de seguridade, 4 foron polo consumo de alcol na vía pública, 2 por infracción á Lei de Seguridade Cidadá por falta de consideración aos Axentes da  Autoriad, e 1 acta contra un establecemento de hostalería por apertura ao público fose do horario permitido pola Resolución do 12 de xuño de 2020 da Consellería de Sanidade.

 

Trátase dun establecemento de hostalería situado na zona de  Granxas-Parquemar, o cal, nun primeiro momento pechou as súas portas á hora establecida (01:00 horas), pero, tras unha queixa veciñal formulada á Policía Local por veciños, a altas horas da madrugada, os axentes comprobaron que o establecemento volvera a abrir ao público, atopándose a clientes, camareiros e propietario no seu interior, consumindo bebidas e con música. Algunhas destas persoas non facían uso da máscara. Procedeuse ao desaloxo do local.

 

Á marxe das anteriores actuacións, non se deixan de lado controles de alcolemia e velocidade, en aras de preservar a seguridade viaria en estradas da súa competencia. Establecéronse puntos de verificación de alcol a condutores, sendo realizadas un total de 49 probas, das cales 2 arroxaron un resultado positivo, tramitando as denuncias administrativas que conlevan unha sanción económica de 500 euros e aparellada a retirada de 4 puntos do permiso de conducir. Establecéronse, tamén, controis de velocidade sobre 652 vehículos, resultando un total de 32 infraccións.

 

Doutra banda, a Policía Local, investiga para tratar de localizar ao condutor implicado nun accidente de circulación con fuga, con resultado de danos materiais. O contratempo tivo lugar na estrada do Pirixel, á altura de San Lázaro, na madrugada do luns 24 ao martes 25, cando un vehículo chocou contra dous vehículos estacionados, ausentándose do lugar. Os vehículos sofren importantes danos.

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar