24
Maio
SANEAMENTO DE CELEIRO
O CONCELLO DE VIVEIRO INFORMA DA PUBLICACIÓN NO BOP DO PROXECTO DE ACONDICIONAMENTO DO SANEAMENTO DE CELEIRO
Viveiro, 21 de maio de 2021. O Concello de Viveiro informa da publicación, no Boletín Oficial da Provincia de Lugo do xoves 20 de maio, do anuncio mediante o que se somete a información pública o proxecto de “Saneamento de Celeiro e mellora da condución vertido da EDAR de Viveiro”.
O anuncio deste proxecto está baixo os efectos do previsto no artigo 9 do Decreto 59/2013, do 14 de marzo, modificado pola Lei 5/2017 do 19 de outubro. Concédense, polo tanto, un prazo de 20 días hábiles de exposición pública do mencionado proxecto, contados a partir da publicación deste anuncio no BOP.
Este proxecto, que se atopa a disposición do público no Departamento de Urbanismo e Medio Ambiente do Concello de Viveiro, inclúe actuacións no saneamento de Celeiro. Concretamente, abarca a substitución do emisario, conduto que recolle as augas residuais; e actuacións no bombeo definitivo de Rego.
Saúdos,
Comunicación Concello de Viveiro