SANTI CHAO

SANTI CHAO

O CONCELLO DE VIVEIRO FELICITA A SANTI CHAO POR CRUZAR OS ALPES PARA VISIBILIZAR Á DOAZÓN DE ÓRGANOS

Viveiro, 14 de xullo de 2021. O O Concello de Viveiro quere recoñecer publicamente ao viveirense Santi Chao polo novo reto deportivo que está a desenvolver estes días, cruzando en bicicleta a cordilleira dos Alpes de Este a Oeste. O obxectivo do seu reto é dar visibilidade á importancia de ser doante de órganos, tecidos e medula ósea para salvar vidas.


 

Dende o pasado 2 de xullo, acompañado por catro amigos, Santi Chao realiza unha travesía duns 1.800 quilómetros e cun desnivel positivo de máis de 30.000 metros, para ascender a 26 portos de montaña en 16 etapas, atravesando cinco países.

A travesía partiu de Trieste, en Italia, e finalizará na cidade francesa de Niza o vindeiro 18 de xullo. Unha nova fazaña que o viverense asume 20 anos despois de recibir un transplante de corazón.


 

Este novo reto, que se suma aos moitos realizados polo deportista viveirense dende 2011, serve para dar visibilidade e normalidade a este tema, promovendo as doazóns e demostrando que a práctica deportiva a este nivel é posible despois dun transplante.


 

Para o Concello de Viveiro é un orgullo todo o labor que Santi Chao vén realizando, ademais de ser un exemplo de esforzo e superación. O goberno municipal quere felicitar a Santi Chao e aos seus compañeiros por esta iniciativa benéfica e enviarlles moitos ánimos para que logren rematar este gran reto.


 

Onte, Santi e os seus compañeiros estaban en Bourg-Saint-Maurice, na duodécima etapa da súa travesía. Tanto no seu Facebook (Santi Chao) como no seu perfil de Instagram (santichaotwohearts), o deportista viveirense publica crónicas das diferentes xornadas e explica os detalles deste reto, baixo o cancelo #transalpinatransplantado.


 

Saúdos,

Comunicación Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar