SANTO TOMÁS

SANTO TOMÁS

O CONCELLO DE VIVEIRO LEMBRA QUE MAÑÁ CELÉBRASE A FESTIVIDADE DE SANTO TOMÁS, UNS DOS PATRÓNS DE VIVEIRO XUNTO A SAN ROQUE

Viveiro, 2 de xullo de 2021. O Concello de Viveiro lembra que mañá, 3 de xullo, celébrase Santo Tomás, que xunto con San Roque son os patróns de Viveiro.

Aínda que por tradición sempre foi máis celebrada a festividade de San Roque, dende o goberno municipal quérese facer unha mención especial a esta data e desexar unha boa xornada aos seus veciños e veciñas.

Por segundo ano consecutivo, como consecuencia da pandemia, este ano tampouco se poderá celebrar esta festividade coa tradicional celebración relixiosa que se adoita a facer coa presenza da corporación municipal.

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar