SEMANA SANTA DOS NENOS

SEMANA SANTA DOS NENOS

O CONCELLO DE VIVEIRO ACOLLE UN ANO MÁIS A SEMANA SANTA DOS NENOS

Viveiro, 14 de abril de 2023. O Concello de Viveiro colabora un ano máis coa Semana Santa dos Nenos que se celebra hoxe e mañá, dende as 18:00 horas, promovida polos veciños de Campo de Urraca.

Máis de 200 cativos tomarán parte dun dos actos máis emotivos da Semana Santa viveirense, declarada de Interese Turístico Internacional, e que mestura con este tipo de actividades tradición, devoción e colaboración cidadá.

É un momento especial. Saber que os máis pequenos da casa se implican dende tan novos nunha data tan destacada para a nosa vila, que cada vez son máis os que queren participar na procesión, portar os pasos ou tocar os tambores, é un motivo de felicidade”, subliña a alcaldesa María Loureiro.

A Semana Santa de Viveiro ten un pasado glorioso, un presente que ano a ano fainos medrar en número de visitantes e en eloxios dos que a veñen a desfrutar, e con actos así se demostra que tamén ten futuro”, engade a rexedora.

O Concello de Viveiro colabora con esta cita aportando tanto a merenda de todos os nenos e nenas que participan, como na organización e na loxística destas procesións que discorren polas rúas da vila.

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar