31
Marzo
SERVIZO DE APOIO PSICOLóXICO VíA TELEFóNICA
Nota de prensa: Servizo de apoio psicolóxico vía telefónica
O Concello de Viveiro pon a disposición das persoas que o necesiten un servizo de apoio psicolóxico vía telefónica para todas aquelas persoas deste concello, fundamentalmente as que viven soas ou que se atopen nunha situación vulnerable a nivel de saúde e que, ante a situación xerada pola emerxencia do COVID-19, se atopen nunha situación de estrés ou ansiedade; este servizo será atendió pola psicóloga do Centro de Información á Muller do Concello de Viveiro a través do número de teléfono 625062246. A Cruz Vermella tamén colabora con este servizo e habilita outro número de teléfono, o 982562200, para a atención por parte dun psicólogo da entidade.
Viveiro, 31 de marzo de 2020.
A Alcaldesa
María Loureiro García