07
Setembro
SINATURA DE CONVENIO
O Alcalde en funcións e a Conselleira de Medio Ambiente asinaron un convenio de colaboración para executar actuacións de saneamento en Celeiro e mellorar a EDAR de Viveiro
O convenio, entre o Concello de Viveiro e Augas de Galicia, supón unha inversión de 3.000.000 € para a mellora da rede de saneamento de Celeiro-Area e da EDAR de Viveiro e inclúe tres actuacións: a construcción dun novo bombeo no depósito de retención, a optimización da depuradora e a execución dun novo emisario submarino.