SINATURA DE FES DE VIDA

SINATURA DE FES DE VIDA

O CONCELLO DE VIVEIRO INFORMA ÁS PERSOAS QUE NECESITEN A SINATURA DE FES DE VIDA REMITIDAS DESDE O ESTRANXEIRO PARA O COBRO DE PENSIÓNS QUE PODEN ENTREGAR OS IMPRESOS NO CONCELLO

Viveiro, 16 de abril de 2020. O Concello de Viveiro informa a todas aquelas persoas que necesiten tramitar a sinatura de fes de vida remitidas dende o estranxeiro para o cobro de pensións, que deben entregar os impresos no concello, de luns a venres, en horario de 10:30 a 12:00 horas.

 

Os interesados ou os seus familiares, no caso de persoas que non poidan desprazarse, deberán presentar o DNI e facilitar un número de teléfono de contacto. Tras as comprobacións oportunas, os impresos serán cubertos, asinados e entregados aos interesados pola Policía Local nos seus propios domicilios.

 

Con este procedemento, dárase solución ao problema que estaban tendo algún veciños e veciñas, tendo en conta que nalgúns casos este tipo de impresos proceden de países nos que non se paralizaron os prazos dos trámites administrativos e que, polo tanto, están suxeitos á súa remisión nunhas datas concretas.

 

Aínda que os formularios poden asinarse noutras administracións, por exemplo no Xulgado, o concello é consciente de que hai moitos veciños e veciñas que teñen por costume realizar este trámite no concello e polo tanto, con este procedemento, o grupo de goberno quere adoptar as medidas necesarias para continuar prestando este servizo, que non pode tramitarse telemáticamente ao requerir que sexa a propia alcaldesa, María Loureiro, quen asine a man cada un dos impresos.

 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar