SINATURA DO CONVENIO DE COLABORACIÓN CULTURAL ENTRE O CONCELLO DE VIVEIRO, AFUNDACIÓN E ABANCA

SINATURA DO CONVENIO DE COLABORACIÓN CULTURAL ENTRE O CONCELLO DE VIVEIRO, AFUNDACIÓN E ABANCA

O Concello de Viveiro asinou un convenio de colaboración con Afundación e Abanca para acoller a mostra “Nós tamén fomos emigrantes”, que poderá verse na sala de exposicións da biblioteca municipal do 7 ao 30 de setembro

Participaron no acto de sinatura María Loureiro García, Alcaldesa do Concello de Viveiro; Beatriz Fernández-Anguiano García, Coordinadora Institucional de Afundación para Ourense e Lugo; e Carlos Teijeiro  Pita, director de zona da Mariña de Abanca.
 
A exposición está formada por corenta fotografías da Axencia EFE sobre a emigración española no século XX, formando parte esta colaboración do proxecto Corrente Cultural.
 
Dende o concello considérase que é unha actividade cultural moi interesante que ofrece aos veciños e veciñas de Viveiro a posibilidade de achegarse a unha realidade histórica, a da emigración, que afectou de maneira especial ao territorio galego.
 
Viveiro, na data que figura á marxe.
María Loureiro García
Alcaldesa do Concello de Viveiro
Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar