Situacion Covid-19

SITUACION COVID-19

O CONCELLO DE VIVEIRO INFORMA DE 29 POSITIVOS POR COVID-19 E ASEGURA QUE A SITUACIÓN ESTÁ CONTROLADA, PERO PIDE Á VECIÑANZA EXTREMAR AS PRECAUCIÓNS

Viveiro, 30 de outubro de 2020. O Concello de Viviero informa á veciñanza que, segundo os datos facilitados a última hora da noite do mércores, hai 29 afectados por COVID-19 no municipio. Neste momento, considérase que non hai ningún novo gromo e que a situación está controlada, xa que os últimos positivos forman parte de gromos detectados e confinados anteriormente, polo que o risco de transmisión é menor.

 

Está previsto que o número de afectados no municipio descenda nos próximos días, tendo en conta que se van producir algunhas altas médicas entre os afectados, polo que o número de positivos baixaría.

 

Porén, o Concello de Viveiro apela á reponsabilidade individual da veciñanza para cumprir sempre as restricións e medidas, como o uso da máscara, o respecto da distancia de seguridade interpersoal, o control dos aforos, evitar as aglomeracións… O goberno local insiste tamén na precaución e no cumprimento nesta fin de semana das medidas extraordinarias decretadas no cemiterio con motivo das festividades de Todos os Santos e Defuntos.

 

Dende o Concello de Viveiro, continuarase informando á veciñanza da situación e dos datos relativos ao municipio, facendo fincapé na necesidade de manter a calma. Con todo, dende o goberno local insisten en non baixar a garda e extremar as medidas establecidas polas autoridades sanitarias co fin de preservar a saúde pública e evitar contaxios.

 

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro. 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar