25
Febreiro
SOLIDARIEDADE GALEGA CO POBO SAHARAUí
O Concello de Viveiro súmase á campaña desenvolta pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí e a Delegación Saharauí en Galicia
NOTA DE PRENSA
O Concello de Viveiro súmase á campaña desenvolta pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí e a Delegación Saharauí en Galicia para celebrar o 40º aniversario da proclamación da República Árabe Saharauí Democrática, o vindeiro 27 de febreiro, colgando nun dos balcóns da casa do concello a bandeira saharauí, como mostra de solidariedade cara o Pobo Saharauí que fai fronte pacificamente á opresión do goberno marroquí e, así mesmo, para proclamar e reclamar o dereito de autodeterminación que lle corresponde.
Viveiro, 25 de febreiro de 2016.
A Alcaldesa, María Loureiro García