30
Setembro
SOTERRAMENTO DAS LIÑAS ELÉCTRICAS E DE TELEFONÍA NO CASCO HISTÓRICO
A COMISIÓN MUNICIPAL ENCARGADA DE ELABORAR O PLAN DE SOTERRAMENTO DAS LIÑAS ELÉCTRICAS E DE TELEFONÍA NO CASCO HISTÓRICO MANTIVO A SÚA PRIMEIRA REUNIÓN
Viveiro, 30 de setembro de 2020. O Concello de Viveiro foi hoxe o escenario da primeira reunión da comisión encargada de comezar a traballar na elaboración dun Plan de soterramento das liñas eléctricas no casco histórico.
Esta convocatoria realizouse en virtude do acordo adoptado polo pleno da Corporación en data 12 de novembro de 2019, a partir dunha moción presentada polo concelleiro de Son Viveiro.
A comisión de traballo está composta polos responsables das compañías de electricidade e telefonía, o persoal técnico municipal e as e os portavoces dos diferentes grupos políticos. Haberá máis reunións nas próximas semanas para a elaboración do citado plan do soterramento.
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro