SÚA LOITA CONTRA A PROPAGACIÓN DO COVID-19

SÚA LOITA CONTRA A PROPAGACIÓN DO COVID-19

O CONCELLO DE VIVEIRO NON BAIXA A GARDA NA SÚA LOITA CONTRA A PROPAGACIÓN DO COVID-19 E LEMBRA A IMPORTANCIA DE SEGUIR CUMPLINDO ESTRITAMENTE AS MEDIDAS DE SEGURIDADE

Viveiro, 21 de agosto. Aínda que a Xunta de Galicia deu por controlado o brote de COVID-19 na Mariña Lucense, polo que xa non teremos as reunións do comité clínico todas as semanas, e a pesar de que o número de casos descenderon notablemente no noso municipio, o Concello de Viveiro quere incidir na necesidade de non baixar a garda.

O goberno municipal está en continuo contacto coa xerencia do Hospital da Costa e do Centro de Saúde de Viveiro para coñecer a evolución da sociosanitaria do virus. Desde o consistorio lembramos que é necesario cumprir estritamente con todas as medidas de seguridade decretadas tanto pola Xunta de Galicia como por este concello que, dende o primeiro momento, suspendeu todas as actividades e eventos organizados ou celebrados en espazos de titularidade municipal e adoptou todas as precaucións e protocolos que, dentro das posibilidades e competecias propias, puidesen evitar a propagación do virus.

Dende o goberno municipal continuaremos traballando nesa liña, co mantemento e establecemento das medidas necesarias, ao tempo que se realiza unha intensa labor en aras a garantir o seu cumprimento por parte de veciños e visitantes.

 Neste sentido, nos últimos días, a Policía Local levantou varias actas ante o incumprimento da normativa establecida e continuará realizando estas labores de vixiancia e control necesarias para garantir e preservar a saúde publica.



Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar