Subvencion Asociones de comerciantes

SUBVENCION ASOCIONES DE COMERCIANTES

O CONCELLO DE VIVEIRO CONCEDE 15.000 EUROS EN SUBVENCIÓNS ÁS DÚAS ASOCIACIÓNS DE COMERCIANTES PARA A REALIZACIÓN DE CAMPAÑAS DE PROMOCIÓN

Viveiro, 10 de setembro de 2020. O Concello de Viveiro e as dúas asociacións de comerciantes do municipio veñen de asinar os convenios para a concesión de dúas subvencións nominativas por un importe total de 15.000 euros.

 

Para determinar os importes de cada unha destas subvencións tívose en conta o número de asociados e comercios, concedendo unha axuda de 10.000 € á Asociación Centro Comercial Casco Histórico e outra de 5.000 € á Asociación de Comerciantes Beiras de Viveiro.

 

Estas axudas directas forman parte das medidas recollidas no Plan de Reactivación Económica posto en marcha por este concello, en virtude do acordo adoptado entre o goberno municipal socialista e o grupo Por Viveiro, co obxectivo de crear unha canle de axuda específica para o sector empresarial máis afectado polo peche da súa actividade durante o estado de alarma.

 

No caso destas axudas, trátase dunha subvención nominativa que se concede para a realización de campañas de promoción que axuden a dinamizar o comercio local nun ano marcado pola crise sanitaria e económica derivada da COVID-19.

 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar