21
Xullo
SUBVENCIONES CASCO HISTORICO
NOVO PRAZO DUN MES PARA A SOLICITUDE DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS A REFORMAS DE EDIFICIOS E VIVENDAS DO CASCO HISTÓRICO DE VIVEIRO
Viveiro, 21 de xullo de 2020. O Concello de Viveiro informa de que o Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou hoxe un anuncio polo que se establece un novo prazo dun mes para a presentación de solicitudes de subvención para a rexeneración e renovación urbana na Área de Rehabilitación do Casco Histórico de Viveiro (Fase XVII).
A presentación de solicitudes realizarase con arranxo á convocatoria publicada no BOP do 17 de xaneiro de 2020. O novo prazo remata o día 21 de agosto de 2020.
Para máis información, os interesados e interesadas poden acudir á Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico de Viveiro ou chamar ó telefono 982562968.
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro