10
Marzo
SUMULACRO DE INCENDIO NO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MúSICA DE VIVEIRO
No día de onte, 9 de marzo de 2016, ás 18:00 horas, no Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, realizouse un simulacro de incendio para adestrar ao persoal e habitualos ante posibles situacións de emerxencia.
NOTA DE PRENSA
No día de onte, 9 de marzo de 2016, ás 18:00 horas, no Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, realizouse un simulacro de incendio para adestrar ao persoal e habitualos ante posibles situacións de emerxencia. Esta acción forma parte do Plan de Autoprotección do centro, implantado no presente curso.
O exercicio de simulacro consistiu en “simular” un incendio en conserxería por un curtocircuíto nunha fotocopiadora, afectando á evacuación de todos os seus ocupantes.
A duración do simulacro foi duns 6 minutos e realizouse correctamente.
Viveiro, 10 de marzo de 2016.
A alcaldesa, María Loureiro García