SUPERARTE

SUPERARTE

O CONCELLO DE VIVEIRO CELEBRA DO 28 DE NOVEMBRO AO 3 DE DECEMBRO A TERCEIRA EDICIÓN DE ‘SUPERARTE’, A SÚA MOSTRA DE TEATRO FEITA POR PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL

Viveiro, 6 de novembro de 2021. O Concello de Viveiro organiza a terceira edición de ‘Superarte’, a súa mostra de teatro feita por persoas con diversidade funcional, que se celebrará entre o 28 de novembro e o 3 de decembro.

 

O concello xa dispón do cartel e ultima un programa extenso de actividades. “É Unha cita moi esperada para nós, Viveiro será de novo o lugar de referencia para sensibilizar e concienciar sobre a necesaria igualdade real para todos e todas”, afirma Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura.

 

Este ano, a mostra esta adicada ás persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA), e ademais de obras de teatro, haberá visitas aos centros educativos para abordar o tema da diversidade funcional, accións conxuntas co comercio e a hostalería local e outras iniciativas.

 

O padriño desta edición será Santiago Fernández Pérez, un rapaz de 15 anos con TEA que falará en primeira persoa desta diversidade na sesión inaugural de 'Superarte', o próximo 28 de novembro ás 18:30 horas no teatro Pastor Díaz”, engade Fernández-Noriega.

 

Pola súa parte, a alcaldesa María Loureiro lembra que “a partir de ‘Superarte’ naceu ademais ‘Viveiro Inclúe’, co obxectivo de que o noso concello sexa un municipio inclusivo para todo tipo de persoas e colectivos e accesible para aquelas persoas con diversidade funcional”.

 

 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro


 

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar