SUSPENSIÓN DA TAXA DE TERRAZAS

SUSPENSIÓN DA TAXA DE TERRAZAS

O CONCELLO DE VIVEIRO APROBA POR TERCEIRO ANO CONSECUTIVO A SUSPENSIÓN DA TAXA DE TERRAZAS COMO MEDIDA DE APOIO A UN SECTOR MOI AFECTADO POLA PANDEMIA

Viveiro, 13 de xaneiro de 2022. O Concello de Viveiro informa que no pleno celebrado o pasado martes, 11 de xaneiro, se aprobou por unanimidade a proposta presentada polo goberno municipal para suspender durante o ano 2022 a aplicación das ordenanzas fiscais 13 e 6.

Este é o terceiro ano dende o inicio da pandemia no que se suspende a aplicación das ordenanzas fiscais número 13, reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público local con mesas, cadeiras e otros elementos análogos con finalidade lucrativa, e número 6, reguladora da taxa pola intervención municipal nas comunicacións previas, declaracións responsables e no outorgamento de licenzas de actividade, apertura ou funcionamento.

No que respecta ás terrazas, cómpre engadir que non só se lles exime do pago da taxa pola ocupación, senón que tamén poden amplialas aquelas que poidan e que cumpren o regulado na ordenanza.

Dentro das nosas competencias municipais, temos que contribuír á recuperación económica e impulsar medidas de apoio a un sector moi afectado pola pandemia do coronavirus”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.

Esta suspensión da ordenanza de ocupación de vía pública para a instalación de terrazas supón unha diminución de ingresos para o concello de arredor de 40.000 euros, mentres que a suspensión da ordenanza pola intervención municipal nas comunicacións previas, declaracións responsables e no outorgamento de licenzas de actividade, apertura ou funcionamento supón unha diminución de aproxidamente uns 10.000 euros.


 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar