TARDE DE FESTA E CONVIVENCIA ORGANIZADA POLO CONCELLO DE VIVEIRO

TARDE DE FESTA E CONVIVENCIA ORGANIZADA POLO CONCELLO DE VIVEIRO

PRETO DE 200 PERSOAS MAIORES DE 65 ANOS PARTICIPARÁN ESTE DOMINGO NA TARDE DE FESTA E CONVIVENCIA ORGANIZADA POLO CONCELLO DE VIVEIRO

Viveiro, 21 de outubro de 2022. O Concello de Viveiro organiza unha tarde de festa e convivencia gratuíta para as persoas maiores de 65 anos este domingo 23 de outubro, unha actividade que forma parte da programación municipal polo Día Internacional das Persoas Maiores (3 de outubro).

A festa será no pavillón Antonio Tarrio do IES Vilar Ponte desde as 19:00 horas e están inscritas preto de 200 persoas. Inclúe uns pinchos, chocolatada e música en directo. A iniciativa vai dirixida a que os veciños e veciñas maiores de 65 anos pasen unha tarde de diversión, fraternidade e convivencia.

O Concello de Viveiro ten entre as súas prioridades o fomento dos hábitos de vida saudables entre os seus veciños e veciñas, e no marco deste obxectivo puxo en marcha este mes polo Día Internacional das Persoas Maiores o programa ‘Reconécta-te’ para as persoas maiores de 65 anos.

O programa ‘Reconécta-te’ incluíu clases de iniciación ós bailes de salón, ioga para maiores e un taller dinámico de nutrición e actividade física.


 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar