TERCEIRA REUNIÓN CO SECTOR FORESTAL LOCAL

TERCEIRA REUNIÓN CO SECTOR FORESTAL LOCAL

O CONCELLO DE VIVEIRO MANTERÁ UNHA TERCEIRA REUNIÓN CO SECTOR FORESTAL LOCAL PARA CONSENSUAR A ORDENANZA SOBRE O USO DE VIAIS MUNICIPAIS

Viveiro, 19 de xaneiro de 2024. O Concello de Viveiro manterá unha tercera reunión con representantes do sector forestal local para consensuar a ordenanza sobre uso de viais municipais que o Goberno local está a preparar.

O concelleiro de Medio Rural, Ramón Martínez, e a concelleira de Medio Ambiente e tenenta de alcaldesa, Míriam Bermúdez, son as persoas encargadas de reunirse co sector forestal.

“Buscamos unha coordinación e un contacto permanente entre os diversos axentes implicados, para que, na medida do posible, todo o mundo poida realizar a súa actividade sen que comprometa a ningunha das outras partes”, explica Ramón Martínez.

Pola súa banda, Bermúdez destaca “o noso compromiso cun sector que é moi importante para o Concello, que precisaba ser atendido”. “Isto supón un cambio de actitude de cara ao sector con respecto a épocas anteriores”, lembra a tenenta de alcaldesa.

“A futura ordenanza busca protexer a propiedade pública e ao tempo estar en coordinación co sector forestal cunha perspectiva de man tendida e de escoita”, remata Bermúdez.

 

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar